Domingo, 09 de mayo de 2010

de árbores florecidas,
de margaritas nos campos
e de sombras alcendidas.

De paxariños que cantan
e de fontes faladoras
que coas súas augas claras
máis que falaren...¡namoran!

De mil luces de colores
e de almas adormecidas
que despertan cos olores
de hortensias, nardos e lilas.

Maio de sol feiticeiro,
de mañanciñas fermosas,
de estreliñas e luceiros
e belidas flores rosas.

Mes de risas e alegrías
entre mozos namorados
e entre os que choran feridas
por sufriren desenganos.

Mes de maio, mes de maio
de corazón florecido:
non te vaias, mes de maio,
non te vaias ¡meu amigo!

Eli García-Bouso
Ribadeo, 6 de maio de 2010


Publicado por a333 @ 7:29  | poes?a-canci?n
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios