Mi?rcoles, 12 de mayo de 2010
Publicado por a333 @ 6:49  | nombrehistoriarib.contem
Comentarios (0)  | Enviar

25-Feb-1973 Antiguallas ribadenses. La iglesia de la Trinidad (refírese a capela da Atalaia)

Quizáis sexa o templo máis antigo da vila. Data da repoblación de Ribadeo por Fernando II (que reina entre 1157-1188). Era lugar de reunión dos “Consellos Públicos” donde os nosos antepasados disfrutando das libertades e dereitos cidadáns, discutían e acordaban todo canto interesaba o común dos veciños. Esta sociedade debe merecer todas as simpatías dos ribadenses. A Atalaia levántouse nun alfoz (terreo fora do pobo) que servía de recreo os veciños, e que para evitar riesgos e desgracias, en 1793 se lle construíu unha “parediña” ("non un monstruoso ascensor"). Ten unha antiquísima cofradía de devotos, chamada da Santísima Trinidade. A capela servía os mareantes de enfilación para a entrada na Ría de Ribadeo, feito citado xa no libro de puridad de 1542, donde tamén se cita que había pintadas “as tres historias do retablo” feitas polo pintor "maese Andrés" por 2 ducados. As historias do xusto Simón e a dos Reies Magos, foron pintadas en 1547 por "maese Gregorio", por 40 ducados. Tan historiado retablo foi sustituido en 1777 por un que se sacou da colegiata de Santa María, con motivo do derribo deste templo, e o primitivo parece que haxa pertencido a imaxe que no segundo representa a Deus e o Crucificado. Polo patronato da capela, pleitearon en 1722 o Concello e a cofradía da Santísima Trinidade. A capela sufriu varias reformas, a última a comenzos do pasado século XX a expensas do escritor D. Antonio Rodríguez del Busto, cuxas reformas consistiron en revocar de calquera maneira as paredes, e tapiar a porta que se abría sobre da Atalaia, frente a entrada do porto de Porcillán (unha pena...)/Pancho Campos


Comentarios