Domingo, 13 de junio de 2010

Xa chegan os druidas na noite do lume:

A noite que outrora cantaban os bardos,

A noite dos homes que elevan os cantos

Ped?ndolle ? Sol que os protexa e alume.

Leda noite de cantigas e de danzas,

Fogueiras de ilusi?ns e de desexos,

Feiticeira noite de gritos e rezos,

Plegarias de entusiasmo e de esperanzas.

Lonxe quedaron aqueles vellos tempos

Cando o azul escuro da noite celta

Ench?a as almas de luz pura e esvelta,

Librando ?s xustos de temores e medos.

Lonxe as s?pricas de fertilidade,

De forza e de enerx?a renovada,

De vida nova na nova alborada,

De harmon?a plena e felicidade.

?F?ra os meigallos de sacerdotisas,

Queimade os sacrificios ru?ns e cruentos,

Rexeitade os gritos de dor e os lamentos

E loitade por vencer as inxustizas!

Abramos os coraz?ns a unha luz nova

Que chegue ata o fondo da nosa conciencia,

Fuxamos da ineptitude e da violencia,

Pois con tes?n chegaremos ? victoria.

Agardemos novos tempos de ledicia:

Que o lume avive en n?s a bondade

E que esta sexa a verdadeira chave

Que libre as cadeas de Galicia

Eli Garc?a-Bouso

Ribadeo, 26 de maio de 2010


Publicado por a333 @ 17:40  | nombrehistoriarib.contem
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios