Viernes, 25 de junio de 2010

09/06/2010 - Eduardo Guti?rrez

NON HAI MOITO, NUN XORNAL galego aparec?a unha reportaxe sobre o dirixible alem?n 'Graf Zeppelin', que sobrevoou Galiza en varias ocasi?ns entre os anos 1929 e 1932. Un interesante traballo ainda que nos cabe a sospeita dunha lixeira confusi?n, non sobre o feito en si e as datas, sen?n en relaci?n coa afirmaci?n de que no aler?n traseiro lucia a bandeira nazi, cando o partido de Hitler non chegar?a ao poder at? 1933. Si ? certo que a cruz gamada figuraba no 'Hindenburg', que foi posterior, e quizais de a? prove?a o erro. Pero o que compre destacar ? o enorme interese que tanto os dirixibles como a aviaci?n de aquel tempo subscitaban.

No norte da provincia de Lugo, anos despois, as operaci?ns da guerra civil, no que era a retaguarda costeira, tiveron grande impacto dada a sua actividade at? a ocupaci?n total de Asturias por p?rte do bando franquista, xa que as r?as ofrec?an enormes posibilidades para as manobras dos barcos de guerra que operaban desde Ferrol repasando a costa asturiana para garantir o bloqueo dos portos que ainda permanecian no bando leal. Nuns casos trat?base de abastecemento ao abeiro dos estuarios e noutros constituian bases fixas, como sucedeu co porto de Ribadeo, que acolleu a escuadra de 'bous', pesqueiros de altura armados cun ou dous can?ns a proa e popa e frecuentemente unha ametralladora. Estas embarcaci?ns levaban a cabo labores de patrulla xunto a barcos de mais porte, como o cruceiro 'Almirante Cervera', e alg?ns destrutores e torpedeiros. Dada a pouca autonom?a dos bous, as entradas e saidas do porto ribadense eran frecuentes e, igualmente, foron numerosos os mercantes obrigados a entrar logo de ser apresados con fuxidos. Claro que ?s veces a intervenci?n dos barcos ingleses, que formaban parte dos servizos de vixilancia do acordo de non intervenci?n, frustraban a operaci?n, como sucedeu co vapor 'Stangrove' cargado de refuxiados e apresado, pero que houbo que liberar merc? ? intervenci?n do cruceiro brit?nico 'Southampton'. De todos modos o da non intervenci?n nalgunha ocasi?n era compatible cos labores humanitartios, coma neste caso, pero en certa medida trat?base dunha ficci?n favorable ao bando sublevado, xa que mercantes alem?ns escoltados por submarinos aprovisionaban aos franquistas de material de guerra.

Con todo, para os ribeire?os da R?a de Ribadeo o m?is espectacular debeu ser o sonado hidroavi?n 'Virgen de Chamorro', un Fairchild 91 fabricado nos Estados Unidos, cunha envergadura de 17 metros, 14 de lonxitude e 4.5 metros de altura, segundo nos informa o noso amigo Xavier Gonz?lez-Mir?, que se ten ocupado da historia deste singular aparello. Formara parte dun cargamento de armas e de sete avi?ns transportados polo mercante 'Mar Cant?brico', fretado polo goberno republicano, que fora apresado polo cruceiro 'Canarias' e conducido a Ferrol. Pero embarrancou en Mugardos e declarouse un incendio do que se salvou, entre outros, o ?nico avi?n anfibio, que foi destinado pola Armada do bando nacional a Ribadeo./http://elprogreso.galiciae.com/nova/55722.html


Publicado por a333 @ 13:47  | nombrehistoriarib.contem
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios