Lunes, 04 de octubre de 2010

?

O CASTRO DE FORNELO:

?

Este castro local?zase na franxa costeira da parroquia de San Xo?n de Pi?eira, no lugar co?ecido como Os Castros. Est? a unha altitude duns 10 ? 15 metros e dista 5.200 metros do castro de Meirengos e 2.400 metros do Castro das Grobas, o que nos da idea da interrelaci?n e convivencia que debeu haber entre ambas poblaci?ns.

?

O xacemento de Pi?eira est? emprazado nun promontorio facilmente visible dende a costa e dende a terra. Diante do promontorio est? a Illa do Castro ou ?nsua de Fornelo que seguramente tivo que estar relacionada co asentamento castrexo. Este promontorio conecta coa li?a costeira a trav?s dun estreito istmo que debeu facilitar moito a defensa do recinto. Ademais, a natureza do emprazamento fai que estea perfectamente defendido nas orientaci?ns norte, leste e oeste, quedando a orientaci?n sur reservada para as defensas artificiais. Ten unha superficie de 1,75 Ha e pertence ? Idade de Ferro e Romana. A propiedade ? de car?cter p?blico, xa que forma parte da masa com?n da concentraci?n parcelaria e conta coa protecci?n de estar afectado por Costas como zona de reserva de litoral.

?

A relaci?n co tr?fico mar?timo a pequena escala non ? seguro,

pero parece case seguro que se levaron a cabo actividades de pesca e marisqueo que se complementar?an con actividades agr?colas e gandeiras.

?

As defensas p?dense apreciar bastante ben no sector leste, onde podemos ver un sistema defensivo composto por dous fosos excavados na rocha que se alternan con tres parapetos que van rodear practicamente toda a orientaci?n sur do xacemento. As?, no sector sueste do castro as defensas parecen estar bastante ben, xa que os parapetos conservan as maiores alturas. No sector suroeste, as defensas parecen bastante m?is alteradas, conserv?ndose ben o parapeto exterior.

?

Nas proximidades do castro, polo suroeste, corre un regato, conocido co nome de R?o do Couto ou de Espadanal, que hoxe sirve de deslinde entre as parroquias de Pi?eira e Vilaframil e do cal os habitantes do castro se abastecer?an de auga. Tam?n preto deste asentamento, existe unha fosa labrada na roca conocida popularmente como ? Maseira ??

Cabe destacar que en moitos lugares de Galicia e Portugal as m?moas eran co?ecidas co nome de Forno, de onde derivou o nome de Fornelo, o que evidencia que en tempos pasados houbo no lugar un monumento megal?tico ou dolmen.

?

Etimol?xicamente, ?fornelo? ? un nome que deriva do lat?n ?fornus? ? que se engade o diminutivo despectivo ?-ullus?, que en galego da ?-elo?, dando lugar a ?fornullus? en lat?n e ?fornelo? en galego, para referirse con este vocablo a un forno pequeno e sen importancia.

?

Neste castro temos noticias da aparici?n de fragmentos de cer?mica com?n ind?xena e de terra sigillata, toda ela aparecida en superficie.

?

Como curiosidade, resaltar que algunhas persoas maiores do lugar que ti?an parcelas no castro recordan alg?ns ach?degos coma un torques de ouro, que eles identificaron como unha ?asa?.

?

?*Facilitado por Bego?a Garc?a L?pez?

?


Publicado por a333 @ 15:17  | historia ribadeo antigua
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios