Domingo, 14 de junio de 2015
Publicado por a333 @ 20:38  | nombres de mujeres
Comentarios (0)  | Enviar

A pesares dos anos transcorridos continúan a ser necesarias exposicións e iniciativas como as organizadas dende a Area de Cultura da Deputación a través da Rede Museística Provincial nos museos do Pazo de Tor, na Fortaleza de San Paio de Narla e no Museo Provincial do Mar e no Museo Provincial de Lugo, para reivindicar o papel da muller na arte, da muller galega creadora, Non é coincidencia que sexa na provincia de Lugo onde estas iniciativas teñen cabida, xa que as mulleres lucenses foron pioneiras en moitos ámbitos tradicionalmente masculinos: a primeira muller alumna da Universidade de Santiago foi Manuela Barreiro Pico, nacida en Viveiro o cinco de xuño de 1877, obtivo o título de Farmacia en 1901e tamén foi a primeira muller que rexentou unha farmacia en Galicia, na vila de Ribadeo. Desta vila son tamén as primeiras licenciadas na Facultade de Medicina de Santiago en 1919, as xemelgas Jimena e Elisa Fernández de la Vega.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/2013/03/07/bopinion-bartigo-encarna-lago-polo-dia-da-muller-traballadora/00031362689546230598137.htm


Comentarios