Ayer durante el mercado de trueque en Hornos y tal como estaba acordado celebramos la asamblea:Rodrigo, Mario, Esther, María José, Rocío, Marise, Charo, Sole...posteriormente llegó Carmén Cora.
Entre intercambios leímos la nota de prensa que nos tienen solicitada para antes del 21, se acordo que Rodrigo modificase la redacción y puntualizase, entre otras cosas, que no estamos de acuerdo con las subvenciones, fijamos la fecha del 22 para la visita al Hospital-Asilo y continuar este año visitando bares el día de la celebración de nuestro cumpleaños y adelantamos a esa celebración al viernes 29. Nos saltamos la asamblea de enero.
A súa iconografía é testemuño de persoeiros relevantes dos séculos XIX e XX na historia de Ribadeo
EDUARDO GUTIÉRREZ07 de diciembre de 2015. Actualizado a las 05:00 h. 0
A obra de Prieto Coussent. Luis Prieto Coussent faille entrega ao daquela alcalde de Ribadeo, E. Gutiérrez, do retrato de Camilo Barcia Trelles pintado polo seu irman, Benito Prieto Coussent en 1936.
4
0
0
0
Como se sabe, a última convocatoria electoral municipal trouxo como novidade que a Corporación pasase de trece a dezasete membros, en aplicación das disposicións legais xa que a poboación de Ribadeo acadou a cifra dos dez mil habitantes censados. E, en consecuencia, houbo que proceder a ampliar tanto a mesa como os escanos para os concelleiros, algo que tivo unha dificuldade engadida, dado o carácter nobre do mobiliario. Mais, ao cabo, resolveuse dun xeito estético e congruente co conxunto que forma o salón de sesións.
Convén lembrar que a sé municipal, ocupaba antigamente o edificio que hoxe acolle o Xulgado, na Praza de Abaixo, e que se trasladou á que fora residencia da Banca de Casas nos anos corenta do pasado século. Ainda que xa levaba moi pouco tempo funcionando como casa consistorial, a inauguración oficial tivo lugar en 1945, o 18 de xullo como era previsible. Houbo bendición canónica, izado da bandeira no balcón principal aos acordes do himno nacional, e foi servido un viño español, con pastas, aos convidados.
O retrato do Altruán
É, quizais, o momento de tecer un breve apontamento sobre a iconografía deste emblemático espazo do Pazo Municipal. Á direita da presidencia figura un retrato do Altruán, (adxectivo pexorativo, contra do que se cré do ano 1924, obra do sonado pintor ribadense Benito Prieto Coussent. A mesma persoaxe figura noutro cadro de Prieto, A derradeira cea de Xesús, pintado en 1930 por encargo de Dª Corona González Santos, daquela xa viúva do filántropo D.Ramón González Fernández. Figura en depósito no museu Quiñones de León, de Castrelos, en Vigo. Trátase dunha notable composición que ten estudado a especialista Celia Castro.
José Vicente Pérez Martínez
Seguindo o mesmo pano da parede ?e a seguir dunha placa que habería que estudar se entra no artículo 15 da Lei de Memoria Histórica?, aparece un autoretrato de José Vicente Pérez Martínez, unha polifacética figura ribadense que foi crítico de arte, escritor e político, concretamente o derradeiro gobernador civil da provincia da Isabela de Luzón, nas illas Filipinas. Daquela tremenda experiencia ?foi torturado e mesmo condeado a morte?, deixou memoria escrita: «Pérdida de la provincia de La Isabela de Luzón (Islas Filipinas)» impreso en Barcelona en 1900. En 1884 publicou ?«nales del teatro y de la música con un estudio sobre el realismo» con prologo do Premio Nobel José Echegaray. En Ribadeo consérvanse máis obras pictóricas de Pérez Martínez e esta, dedicada á sua nai, está asinada e datada en Madrid en 1885. O lenzo foi doado ao Concello por Dª Adela González-Gil Martínez. sobriña do autor, en 1948.
Pedro Murias
Na parte do Salón fronte á presidencia, aparece un retrato do filántropo Pedro Murias, fundador da Escola Agrícola que leva o seu nome. É obra de Amando Suárez Couto e está asinada pero non datada. Cremos que foi unha doación do Padroado da Fundación na Habana, respostando así a unha petición municipal de 1950. Téñase en conta que o irmán do pintor, Henrique Suárez Couto, é o autor do proxecto e primeiro director da Escola Agrícola.
Ibáñez e Fernando Miranda
Na parte imediata (fronte ao autoretrato de Pérez Martínez) aparecen varios elementos á marxe da pintura. Concretamente unha placa dedicada a Antonio Raimundo Ibáñez, o creador de Sargadelos que fixo construir para a sua vivenda o actual Pazo do Concello. O acordo municipal é de finais de 1949, ainda que a placa é de 1953. Ao que se ve, a Corporación, en trance de homenaxes, fai constar que tendo coñecimento de que existe «un óleo o retrato de dicho señor se encomiende a D. Dionisio Gamallo Fierros la búsqueda del mismo». Árdua tarefa sobre todo en comparación coas placas, xa que ao longo de aqueles enxoitos e esgrevios anos, tomáronse máis acordos para dedicar lápidas, que afortunadamente non chegaron a executarse. Curiosamente a placa en madeira nobre en homenaxe a D.Fernando Miranda e Olmedilla, que figuraba no salón de plenos do vello consitorio, co traslado foi parar ao faiado, repoñeéndose a finais dos anos oitenta do pasado século. O acordo municipal é de 1842, tres anos despois da morte de Miranda, que era comandante da Milicia Nacional e que se distinguiu na loita contra as partidas carlistas na primeira guerra. Morreu nun enfrontamento nas imediacións de Xove. Miranda foi deputado nas lexislaturas do Estatuto Real. O texto di: «A perpetua memoria de D. Fernando Miranda y Olmedilla, Rivadeo agradecido» Imediato aparece un pequeno retrato do dedicatario.
Calvo-Sotelo
Exponse tamén, unha concisa plaquiña dedicada ao que foi presidente do goberno español, Leopoldo Calvo-Sotelo Bustelo, con ocasión do seu nomeamento como primeiro Marqués da Ría de Ribadeo. É do ano 2002.
Camilo Barcia Trelles
Nesa mesma parte da parede aparece un retrato a carbón de Camilo Barcia Trelles, obra de Benito Prieto Coussent, do ano 1936. Ao parecer Barcia e Prieto coincidiron na cadea, xa que foron detidos nos primeiros momentos da sublevación militar. O propio retrato mostra a un Barcia Trelles tristeiro e inquedo. O irmán do pintor, Luis Prieto Coussent agasallou ao Concello facéndolle entrega da obra nos primeiros anos noventa do século XX.
No pano situado á esquerda da presidencia aparecen dúas obras de Amando Suárez Couto: «O Crego» regalado ao Concello polo pintor en abril de 1953, datado e asinado nesta data, e «A renda», sen data nen asinatura, agasallo de Dionisio Gamallo, que o adquiriu procedente dunha exposición dedicada a outro pintor e atribuida a este falsamente. Calculamos que debe ser dos primeiros anos cincuenta. En ambos, figuran algunhas referencias moi explícitas a paisaxes rurais e urbanas de Ribadeo.
En resume, o Salón conforma un espazo esteticamente moi aceptable, que conviría completar noutras estancias municipais subsceptibles de mellora..
un emblemático espazo do concello de ribadeo