Viernes, 25 de mayo de 2018

8 socios visitamos o muiño de auga sito na Madanela (e xustificaron a súa ausencia dez), visita que nos facilita Anxo Martínez que nos puxo en marcha o muiño, nos enseñou todo o seu funcionamento, a súa historia e tamén as acequias aparte dun pouco do que supón e é esta zona. Tamén os da Casa Fidalgo nos facilitou a entrada a capela onde esta a Virxe da Madanela, moi antiga e que merece a pena ver.

Dende eiqui, como dende Atalaia Ribadeo facebook, agradecer a Anxo as explicacións e o posibilitar esta visita. 

Do referente a asamblea, Rocio Pertejo da cuenta de que presentará o escrito relativo a tráfico como quedamos en anterior asamblea e, salvo asunto urxente o convocatoria por parte dos demáis socios, suspender as actividades da asociación en canto a asambleas polo verán, ata setembro. Seguirán funcionando blog e facebook.


Publicado por a333 @ 8:12  | documentos asociacion
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios